QUEN SOMOS

A Fundación ADCOR é unha organización sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a vida das persoas adultas en situación de dependencia.

 

Dende o ano 1996 a Fundación ADCOR leva a cabo distintos proxectos cuxos fins están cualificados como de interese social pola Lei 49/2002, Lei 50/2002 e Lei 7/1993 de Fundacións de Interese Galego. O obxecto de todos os proxectos que realiza é o cumprimento do fin social da entidade.

 

Co obxecto de prestar atención ao colectivo das persoas con dependencia desenvólvense os seguintes servizos: S. de Información, Orientación e Asesoramento, S. de Formación, S. de Emprego, S. de Lecer, S. de Vivenda, S. Residencial Terceira Idade e S. Residencial Discapacidade.

servicios-y-centros-adcor-gallego

EQUIPO

O impulso da organización, a súa eficiencia, a súa sustentabilidade e a súa acomodación á misión fundacional, son realizados por persoas.

 

Non é por iso unha esaxeración, asegurar que as persoas son o máis importante de ADCOR e en consecuencia, entra dentro da máis estrita racionalidade, que a prioridade fundamental na xestión de ADCOR, estea constituída por todo o relacionado coas relacións humanas.

 

Un dos activos principais da Fundación é o seu equipo multidisciplinar de profesionais que sitúa o benestar dos nosos usuarios como un dos seus obxectivos centrais.

MISIÓN E VALORES


mision-21
Misión

Promoción e xestión de servizos de asistencia social para persoas adultas susceptibles de ser usuarios dos mesmos.

vision-21
Visión

ADCOR pretende consolidarse no sector dos servizos sociais, como unha organización aberta á prestación de calquera servizo social demandado pola comunidade, como unha organización percibida socialmente como útil. Pretende a mellora permanente da calidade dos seus servizos e a resolución dos problemas dos usuarios e das súas familias en calquera momento das súas vidas.

valores solidaridad
Valores
  • Compromiso coas persoas en situación de dependencia
  • Orientación ao cliente
  • Solidariedade
  • Calidade e Mellora Continua
  • Transparencia
  • Atención ás persoas
  • Eficiencia
  • Innovación e creatividade

130

Usuarios Adcor

45

Traballadores Adcor

16

Traballadores Centro Especial de Emprego

50

Voluntarios

20

Anos de historia

1998_1999-600x600

HISTORIA DA ENTIDADE

A Fundación Adultos Discapacitados da Coruña, (ADCOR) inicia a súa andaina en 1996 e é o froito da tenacidade e a perseveranza dun grupo de pais de futuros usuarios, que na procura dun futuro mellor para os seus fillos, conseguiron concitar o apoio dun puñado de institucións públicas e privadas para poñer en marcha unha iniciativa cunha misión ben definida. Facilitar a vida ás persoas adultas con discapacidade psíquica e das súas familias.


PADROADO

O Padroado da Fundación ADCOR é o seu máximo órgano de goberno e exerce a súa representación. A súa función principal consiste en gobernar e administrar a Fundación, sen prexuízo das funcións delegadas aos órganos de xestión.

 

Está composto polos seguintes membros:


Rocío Fraga Sáenz

Presidente

Concelleira de Servizos Sociais. Designado polo Alcalde do Concello da Coruña.

 

Andrés Vellé Cañas

Vicepresidente

Representante do A.P.A. do Centro de Educación Especial Santiago Apóstolo.

 

Miguel Ferreiro Prieto

Vogal

Representante do A.P.A. do Centro de Educación Especial Santiago Apóstolo.

 

Mª Jesús Otero Liste

Vogal

Representante da Asociación de Usuarios de Fundación ADCOR.

Carlos Luis Rodríguez López

Vogal

Representante Usuarios de Fundación ADCOR.

José Antonio Prada Muradas

Vogal

Representante de Compañía de Tranvías da Coruña S.A.

Antonio Viejo Puga

Vogal

 Representante de Hijos de Rivera S. A.

 

Clara de Lorenzo

Vogal

Representante de GADISA.

 

Amador de Castro

Vogal

Representante de Supervisión y Control S.A.

 

Jesús Penedo Pallas

Secretario