Servizos ADCOR

  • Servizo de información
  • Servizo de formación

    a. Centros Ocupacionais
    b. Centros de día

  • Servizo de vivenda

    O Servizo de Vivenda crease no ano 2004.

  • Servizo residencial

    Servizo especializado que orienta a súa actividade á atención de persoas con discapacidade intelectual.

  • Servizo de lecer

    É un recurso específico e organizado.

asesoramiento-2

SERVIZO DE INFORMACIÓN

Este servizo pretende ofrecer unha atención integral aos problemas das persoas con discapacidade intelectual e aos seus familiares.

 

As accións levadas a cabo polo Servizo de Información son Atención á Demanda e Información Xeral.

SERVIZO DE FORMACIÓN

a) Centros Ocupacionais

O centro ocupacional é un servizo especializado de atención a persoas adultas con discapacidade intelectual, de estancia diúrna, destinado a proporcionar a habilitación profesional, persoal e social, o fin de conseguir o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais, laborais e posibilidades de integración social.


Centro Ocupacional
R/ Enrique Dequidt Hevia
Centro Ocupacional
R/ Simón Bolivar

Os obxectivos dos centros ocupacionais céntranse en dous aspectos, por unha banda, na atención integral da persoa con discapacidade, encamiñada á promoción da súa vida autónoma e á normalización das súas condicións de vida, e doutra banda, á adquisición de coñecementos no ámbito ocupacional ou prelaboral, orientados a facilitar a súa inclusión social.

 

b) Centro de día

O Centro de Día presta servizos a persoas maiores de idade, con discapacidade intelectual ou con plurideficiencias asociadas e con valoración de grao de dependencia que precisen de apoio extenso e xeralizado para o desenvolvemento da súa vida diaria.

Centro-de-dia-grupo

Os obxectivos do centro de día son:

  • Fomentar o desenvolvemento dunha maior autonomía funcional e social a través de:
    • A procura de gozar da calidade das cousas que poida realizar con apoio (no caso necesario) tanto humano como técnico.
    • A realización de diferentes tarefas de crecente dificultade adaptadas ás características individuais.
    • O desenvolvemento de hábitos que fomenten a autoestima, autoxestión, o sentimento de utilidade e responsabilidade.
  • Previr a progresión das situacións de deterioración física e psíquica.
  • Procurar crear ambientes e medios que propicien a mellora da calidade de vida de xeito individual, grupal e familiar.

Centro de dia grupo (4) 2018
Centro de dia grupo (3) 2018

SERVIZO DE VIVENDA

O Servizo de Vivenda crease no ano 2004 co fin de dar resposta á preocupación familiar polo aloxamento futuro dos seus fill@s, ofrecendo así mesmo unha alternativa ao domicilio familiar como opción de vida independente para persoas con discapacidade intelectual.

 

O Servizo de Vivenda ten tres modalidades:

Modalidade Estable (cunha periodicidade indefinida),

Modalidade de Adestramento (máximo de dous meses), e

Modalidade de Atención de Urxencias (por emerxencias familiares).

O horario é de 17:00 a 9:00 de luns a venres.

Servicio Vivienda 2018

Os obxectivos do servizo de vivenda son:

  • Afianzar e ampliar coñecementos relacionados co funcionamento e mantemento do fogar, entendido este último como unidade de convivencia.
  • Fomentar o autocuidado tendo en conta os aspectos relacionados coa saúde, hixiene e seguridade.
  • Promover actividades de lecer, tanto dentro coma fóra da vivenda tendo en conta os intereses persoais.
  • Consolidar a utilización dos servizos que ofrece a comunidade.

servicio residelcial 2018

SERVIZO RESIDENCIAL

O centro residencial é un servizo especializado que orienta a súa actividade á atención de persoas con discapacidade intelectual e dispón de 21 prazas.

 

Os obxectivos do servizo residencial son:

  • Proporcionar servizos de atención residencial, manutención e atención especializada prestando os apoios necesarios ás actividades da vida diaria, en todas as súas áreas.

SERVIZO DE LECER

O Servizo de Lecer, é un recurso específico e organizado, guiado por principios de normalización, inclusión social e orientación individual ao cliente, que desenvolve un programa continuado de actividades de tempo de lecer que ten como finalidade o goce das persoas con discapacidade intelectual que participan nelas.

servicio ocio 2018