Un dos principais valores nos que se sustenta a actividade da Fundación ADCOR é o da Transparencia, segundo o cal, a entidade contempla na súa maneira de actuar a apertura, a rendición de contas, o servizo e o interese xeral.
Por este motivo, e seguindo as directrices marcadas pola actual Lei de Transparencia, a Fundación ADCOR fai públicas na súa web as cifras, distribución e resultados da súa xestión económica e das súas actividades principais.
Na Fundación ADCOR o control e a avaliación da xestión económica realízase dun modo continuo:
As contas anuais prepáranse de acordo co marco normativo de información financeira que resulta aplicable á Fundación e, en particular, cos principios e criterios contables contidos no mesmo.
Ditas contas preséntanse anualmente ante o Protectorado da Xunta de Galicia, así como ante a Axencia Tributaria, en cumprimento dos requisitos esixidos na Lei 49/2002.
No 2016, a Fundación ADCOR volveu conseguir o certificado de calidade, nesta ocasión baixo a nova norma ISO 9001:2015
Xerente
Adxunto Dirección
Responsable de Administración
Responsable de Calidade
Coordinadora de Centros e Servizos
Responsable de Centro de Día
Responsable de Centro Ocupacional 1
Responsable de Centro Ocupacional 2
Responsable de Centro Residencial
Traballadora Social