Transparencia

  • Informe de Auditoría e Contas Anuais 2017
  • Estatutos Fundación ADCOR
  • Certificado e Manual de Xestión de Calidade
  • Informe Transparencia Fundación Lealtad
  • Memoria ADCOR 2017
  • Memoria 20 anos ADCOR
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un dos principais valores nos que se sustenta a actividade da Fundación ADCOR é o da Transparencia, segundo o cal, a entidade contempla na súa maneira de actuar a apertura, a rendición de contas, o servizo e o interese xeral.

 

Por este motivo, e seguindo as directrices marcadas pola actual Lei de Transparencia, a Fundación ADCOR fai públicas na súa web as cifras, distribución e resultados da súa xestión económica e das súas actividades principais.

 

Na Fundación ADCOR o control e a avaliación da xestión económica realízase dun modo continuo:

transparencia-2-cuadrada
tranparencia-3-cuadrada
  • A Fundación audita anualmente de forma voluntaria as súas Contas Anuais.

 

As contas anuais prepáranse de acordo co marco normativo de información financeira que resulta aplicable á Fundación e, en particular, cos principios e criterios contables contidos no mesmo.

Ditas contas preséntanse anualmente ante o Protectorado da Xunta de Galicia, así como ante a Axencia Tributaria, en cumprimento dos requisitos esixidos na Lei 49/2002.

  • A entidade dispón dun proceso de xestión económica, control de ingresos e gastos e xestión de compras e provedores.

 

  • Anualmente, o Padroado da entidade aproba os orzamentos, a planificación e as contas anuais da entidade.

 

  • As doazóns recibidas son rexistradas e comunicadas formalmente á Facenda Española (Modelo 182 Declaración informativa de Doazóns).

 

  • Os patronos da Fundación ADCOR exercen o seu cargo voluntariamente de forma non remunerada.

 

  • A Xerencia da entidade dispón dun acordo limitado de cesión de poderes por parte do Padroado que lle habilita para a representación da organización en trámites administrativos, solicitude e xestión de proxectos e subvencións e seguimento de tesourería.

 

  • Dende a implantación do sistema de xestión de calidade baixo a norma”ISO 9001″ a finais do ano 2006, a xestión da entidade foi evolucionando e desenvolvéndose cada vez máis, baixo a filosofía de mellora continua.

No 2016, a Fundación ADCOR volveu conseguir o certificado de calidade, nesta ocasión baixo a nova norma ISO 9001:2015

O equipo directivo da Fundación ADCOR está formado polos seguintes membros:

Xerente

Margarita Garrido Fernández

 

Adxunto Dirección

Vanessa Seoane Pedreira

 

Responsable de Administración

Teresa Rey Martínez

 

Responsable de Calidade

Coordinadora de Centros e Servizos

Margarita Barrera Vázquez

 

Responsable de Centro de Día

Enca Robelo Pardo

 

Responsable de Centro Ocupacional 1

Cristina Crespo Blanco

 

Responsable de Centro Ocupacional 2

Mª José Piñeiro Domínguez

 

Traballadora Social

Ana Buch Piñeiro