A Fundación ADCOR participa no Foro “Gadis coas ONG” acerca dos desafíos ambientais nas ONG

O xoves pasado a Fundación ADCOR participou activamente no foro organizado pola cadea de supermercados GADIS, que reuniu a representantes de 200 entidades do terceiro sector para abordar os retos ambientais aos que se enfrenta a sociedade, dende o benestar animal ate a defensa da natureza.

Neste senso, a xerente da entidade, Marga Garrido, presentou ante os asistentes o proxecto DLONAS.

DNOLAS é un proxecto de economía circular consistente na elaboración e venta de diversos productos procedentes da reutilización de lonas publicitarias. Un proxecto baseado en tres pilares fundamentais:

  • A captación por medio de doazóns de lonas publicitarias, evitando así o seu envío a vertedoiros.
  • A elaboración a mán, a través dun proceso sostible e artesanal, de distintos productos por persoas con discapacidade intelectual.
  • A comercialización deses productos aos propios doantes das lonas ou a través dos diversos puntos de venta da Fundación ADCOR.

Ademáis, a xerente da Fundación explicou o efecto contaxio que este proxecto tivo dentro da entidade, dando lugar a otros proxectos sostibles e ambientais coma DTELAS y DPAPEL, que seguen a estela de DLONAS coa elaboración de productos a partires de retais e a reciclaxe de papel.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.