02 jul A miña vida
Ola, o meu nome é Álex e nacín o 5/12/93 na Coruña, polo que teño 25 anos. Tamén teño a síndrome de Williams. Esta síndrome afecta ó cromosoma 7. Dende pequeno a xente non sabía o que tiña. Ao longo do tempo fixen moitos amigos na escola Andaina, e tamén boas amizades cos profesores. Cando paso no coche sempre me lembro deses días na escola. Eu era o máis veterano, sen contar co profesorado. Gustoume marchar de alí, pero sempre os levarei no meu corazón.
Ó rematar no instituto, fixen un ciclo medio de fontanería no centro CIFP de Someso.
Cando rematei alí, fun para Agarimo, en Arteixo, e estudei dous anos de xardinería e un de cociña. Logo disto, collín un ano sabático, o cal dediquei á música. No ano 2016 gradueime no CMUS profesionalmente.
En maio de 2017, entrei no centro ocupacional da Fundación ADCOR. Alí acolléronme con unha boa benvida, xa que din os meus compañeiros que trouxen a paz ó taller de manipulados. No verán dese ano, souben que o Depor ía facer un equipo de Liga Genuine. Non sabía que me ían escoller, pero recibín unha chamada de meu pai dicíndome que me escolleran e púxenme moi contento, chamando a todo “quisqui” para darlles a boa nova. Alí sigo ata agora, en ambos sitios.
Un día recibín unha mensaxe dunha amiga especial, chamada Xulia, que me preguntou se lle podía axudar nun traballo e díxenlle que si. Tiña que pedirlle permiso aos meus pais e dixéronme que si. Ese traballo consistía en falar da síndrome de Williams na universidade da Coruña. O 4 de decembro fun ata a Facultade de Ciencias da Educación. Ela, outra amiga e eu fixemos un vídeo explicando as características da síndrome. Á mestre gustoulle o vídeo, polo que me convidou a volver a universidade a dar outra charla.
E isto foi todo amigos e amigas!
Graciñas a Fundación ADCOR por facerme a miña vida mellor e máis divertida.
No Comments