José Luís, a súa fotografía e Santiago de Compostela

José Luís, a súa fotografía e Santiago de Compostela

Hoxe fai unha parada polo blog unha das persoas cunha visión máis artísticas, peculiar, pero de artista que coñezemos por aquí por ADCOR. Trátase de José Luis que ten un talento especial para ver beleza ou composición nos obxectos ou imaxes máis cotiás. Encántame como é quen de fixarse na sombra de calquera cousa e ver unha foto moi característica. Pódenche gustar máis ou menos, eu tampouco entendo moito, teño o meu gusto e máis nada, pero si que me resulta peculiar i especial esa mirada especial que ten José Luis.

santiago

Aquí vainos falar dunha visita que fixemos fai unhas semanas a Santiago de Compostela. Veredes cómo fala do que fixemos ese día pero repite en varias ocasión que Santiago era bonito de noite. Deixovos con el:

Gustoume o Museo de Historia Natural do parque de Vista Alegre. Nunca fumos por alí e pouco o coñecía. Gústame Santiago de noite. E o tempo estivo ben, sabía que ía a chover pero estivo ben. Preferiría ter ido todo o día pero pola tarde como fumos tamén estivo ben.

Vin cousas novas que xa coñecía e outras non. Para alá, para o museo fumos en bus. Despois a volta fixémola andando pero non me cansei. Fíxosenos curto o final, teriame gustado ver o sepulcro de Santiago Apostol pero Santiago de noite estivo ben. Quedounos por ver moitas cousas: Gaias, Bonaval, estadio do Compostela, Monte do Gozo.

Fumos un grupo grande. Agradecerlle a Marta, que viñera con nós (voluntaria do servizo de ocio dende fai uns meses) e a Olalla (ex-voluntaria que agora traballa en Santiago polo que xa non pode seguir colaborando con nós de forma regular pero que non perde o contacto) que viñera a pasar a tarde con nós.

Xa estiven máis veces en Santiago, é bonita de noite. Esperaba máis frío pero estivo ben. A viaxe en tren fantástica, aínda que si fose un pouco máis longa a viaxe non me tería importado.

Sí que estaba bonito Santiago de noite e con esa chuvia tan característica. Deixámosvos algunha das fotos de Jose Luis que el escolleu para amosarvos.

 

No Comments

Post A Comment