06 feb ¿Es voluntario? Estes son os teus dereitos e obrigas
Se formas parte da acción voluntaria has de saber que tes unha serie de dereitos e obrigas que veñen regulados pola Ley de Voluntariado. A Ley 45/2015, de 14 de octubre (BOE). Hoxe falamos de cales son os teus dereitos e obrigas como perosa voluntaria.
Dereitos
- Recibir, durante a prestación da actividade, información, orientación e apoio. Ademáis dos medios materiais necesarios para o exercicio das función que se che encomenden.
- Recibir, a cargo da entidade, a formación precisa para o correcto desenvolvemento das actividades que che asignen.
- Ser tratado en condicións de igualdade, sen discriminación, respetando a túa liberdade, identidade e dignidade.
- Participar activamente na organización, colaborando na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas, dacordo cos seus estatutos ou normas de aplicación.
- Estar asegurado contra os riscos de accidente e enfermidade derivados directamente do exercicio da actividade voluntaria.
- Ser reembolsado polos gastos realizados no desempeño das túas actividades.
- Dispor dunha acreditación identificativa da túa condición de voluntario.
- Efectuar a actividade dacordo co principio de accesibilidade universal adaptado á actividade que desenvolvan.
- Obter recoñecemento polo valor social da túa contribución.
- Que os teus datos de carácter persoal sexan tratados e protexidos dacordo coa Ley de Protección de Datos de Carácter Persoal.
- Cesar na realización das túas actividades como voluntario nos termos establecidos no acordo de incorporación.
Obrigas
- Cumplir cos compromisos adquiridos coa entidade na que te integres, respetando os fins e normativa da mesma.
- Gardar a confidencialidade da información recibida e coñecida no desenvolvemento da acción voluntaria.
- Rexeitar calquera contraprestación material ou económica que poideras recibir dos beneficiarios ou doutras persoas relacionadas coa túa acción voluntaria.
- Respetar os dereitos dos beneficiarios da túa acción como voluntario.
- Actuar de forma dilixente e solidaria.
- Participar nas tarefas formativas previstas pola entidade na que realizas a túa acción voluntaria.
- Seguir as instruccións da entidade de voluntariado que teñan relación con desenvolvemento das actividades confiadas.
- Empregar debidamente a acreditación persoal de voluntario.
- Respetar e coidar os recursos materiais que poña a túa disposición a entidade de voluntariado.
- Cumplir coas medidas de seguridade e saúde existentes na entidade de voluntariado.
- Respectar as normas sobre a protección dos datos de carácter persoal dacordo co establecido na normativa vixente (Lei Orgánica 15/1999).
No Comments