31 mar BlogAdcor: ¿Quén somos?
Ola a todos e benvidos ao noso blog. Unha nova andadura que esperamos sexa longa, duradeira e que conte con todos vós.
Con este blog, queremos abrir unha fiestra á nosa entidade para que nos coñezades un pouco mellor e co que estamos especialmente ilusionados porque será un punto de unión virtual dos distintos centros e servizos da nosa fundación e no que non só nos poderedes escoitar a nós, se non tamén aos nosos usuarios.
E se a nosa vontade é que nos coñezades mellor, o primeiro que debemos facer é presentarnos, contarvos quén somos e qué facemos.
Somos a Fundación ADCOR, unha entidade de A Coruña sen ánimo de lucro, que dende 1996 busca mellorar a vida das persoas adultas con discapacidade intelectual e que dende o 2012 amplia o colectivo de persoas ás que presta atención para dar atención a persoas adultas en situación de dependecia.
Contamos con dous Centros Ocupacionais, que buscan conseguir o máximo desenvolvemento das capacidades persoais, laborais e sociais dos nosos usuarios: persoas adultas con discapacidade intelectual.
Tamén temos un Centro de Día destinado a adultos con discapacidade intelectual que teñan unha valoración de grao de dependencia que precisen apoio extenso e xeralizado para o desenvolvemento da súa vida diaria. E un Servizo de Vivenda, que ofrece unha alternativa ao domicilio familiar como opción de vida independente.
Así mesmo, dispoñemos dun Servicio de Ocio que desenvolve un programa continuado de actividades de lecer para persoas con discapacidade intelectual.
Ademáis, contamos cun Servizo Residencial que atende a dous colectivos, persoas con discapacidade intelectual e persoas maiores en situación de dependencia.
Por último, comentarvos que temos un Centro Especial de Emprego que da traballo a persoas con discapacidade legalmente recoñecida e cunha tenda, dCuero, na que poderedes atopar artículos e productos feitos polas persoas con discapacidad intelectual que forman parte da Fundación.
Rematamos esta pequena presentación indicándovos que se queredes saber máis sobre nós e sobre o que facemos, podedes visitar a nosa web www.adcor.org, ou atoparnos en facebook e twitter. E por suposto, aquí, onde vos iremos contando o noso día a día.
Nada máis, benvidos!!!
No Comments