A Fundación ADCOR constitúe o 31 de marzo de 2000 unha sociedade de responsabilidade limitada unipersoal denominada Dislabora Coruña S.L.U. co seguinte obxecto social: A sociedade ten por obxecto os traballos de manipulación, transformación e comercialización de produtos de marroquinería, así como a prestación de servizos de asesoramento, servizos auxiliares de limpeza, mantemento, xardinería, cociña e catering.
Todo iso, dando emprego a persoas con minusvalía legalmente recoñecida, coas que concertará contrato de traballo de acordo coa lexislación vixente, de modo que o seu persoal estea constituído de forma que permita acceder á cualificación legal de“Centro Especial de Emprego“ e ás axudas que por tal concepto lle correspondan.