Servizos para a Terceira Idade

  • Servizo de información
  • Servizo residencial
  • Instalacións
  • Servizos
  • Galería fotográfica

SERVIZO DE INFORMACIÓN

Este servizo pretende ofrecer unha atención integral aos problemas das persoas con dependencia e aos seus familiares.

 

As accións levadas a cabo polo Servizo de Información son Atención á Demanda e Información Xeral.

SERVIZO RESIDENCIAL

O centro residencial é un servizo especializado que orienta a súa actividade á atención de persoas maiores e dispón de 32 prazas residenciais, distribuídas en habitacións individuais e dobres, en dúas plantas diferentes de atención (planta baixa e planta segunda).

Os seus principais obxectivos son:

  • Proporcionar os servizos de aloxamento, manutención e atención persoal dos apoios ás actividades da vida diaria, cos coidados acordes coas súas necesidades.
  • Prestar atención médica e coidados sanitarios, de acordo cos requirimentos do seu estado de saúde.
  • Realizar a atención a través das terapias prescritas.
  • Desenvolver actividades de animación sociocultural.
  • Realizar a atención social a familias e residentes, coordinando as xestións necesarias ao longo de toda a prestación do servizo.

INSTALACIÓNS

Xerais

Enfermería (con baño xeriátrico)

Sala de terapia

Sala de televisión-lectura

Dispoñibilidade de prensa diaria e revistas

Sala de visitas

Comedor

Cociña propia

Lavandería propia

Talleres de terapia ocupacional

Zona axardinada

Solarium

Parking propio gratuíto visitas

Habitacións equipadas con calefacción

(fío radiante, termostato individual) cuarto de baño (chan antiescorregadizo), timbre de chamada no baño, televisión.

Fío musical en zonas comúns

INSTALACIÓNS

Tecnolóxicas

Sistema de evacuación e tecnoloxía

Sistema de telefonía

Sistema de televisión

Sistema de timbres e comunicación en habitacións e baños

Punto de acceso a internet

Lousa electrónica

Transporte adaptado propio

SERVIZOS

 

Servizos de aloxamento e manutención:

  • Aloxamento: habitacións, baños, espazos comúns.
  • Manutención: almorzo, comida, merenda e cea. Dietas especiais.
  • Lavandería: inclúe pasado do ferro, arranxo e distribucción da roupa.
  • Limpeza de espazos xerais e habitacións.
  • Custodia de propiedades persoais (xoias…).

Servizos de atención persoal, apoio ás actividades da vida diaria:

  • Axuda para a hixiene persoal, aseo e vestido.
  • Axuda para a estética do usuario.
  • Axuda para a orde de habitacións e pertenzas do usuario.
  • Axuda para levantar-deitar.
  • Axuda para transferencias-traslados.
  • Axuda para o tratamento da mobilidade.
  • Axuda en alimentación.
  • Axuda para o tratamento da incontinencia.
  • Axuda na administración da medicación.

Atención médica e de enfermería especializada

  • Control e xestión da medicación dos residentes.
  • Atención sanitaria xeral: tratamento / medicación / seguimento.
  • Atención sanitaria específica e de urxencia.
  • Valoración e atención nutricional e necesidades alimentarias.
  • Traslados a centros sanitarios: programados e urxentes.
  • Seguimento de usuarios hospitalizados.
  • Atención de enfermería.
  • Xestión de material sanitario.

Atención Psicoxeriátrica

  • Terapia Ocupacional.
  • Fisioterapia.
  • Estimulación cognitiva: psicoestimulación, adestramento memoria, taller prensa…

 

Servizos de atención social

 

Animación sociocultural