21 Mai En Maio vivan os Maios
Este ano, nun dos Centros Ocupacionais da Fundación ADCOR, celebramos a tradicional festa dos Maios, e fixémolo elaborando dous Maios que, unha vez rematados, puidemos expoñer na sede de Inditex.
Nesta entrada, Alberto e Senén, dous dos compañeiros que elaboraron estas pezas explícannos como o fixeron. Pero antes…
¿Qué son os Maios?
A festa dos Maios é unha festa popular que forma parte do chamado ciclo de maio, época de exaltación da natureza ao comezo da primavera, que se remonta ás civilizacións prerromanas.
Durante estas festas fanse representacións, bailes e cantos ao redor dos Maios, estructuras que, tradicionalmente, estaban inspiradas en figuras de árbores pero que hoxe en día adoptan distintas formas, con adornos de flores, follas e froitos.
E agora sí, imos aó miúdo,
¿Cómo facer un Maio?
O primeiro que temos que decidir é que figura vai ter o noso Maio, neste caso foron dúas: Unha árbore e un hórreo galego. E ¿cómo se elixiron? Alberto cóntanos que foi unha decisión conxunta tomada entre todos os compañeiros do taller.
Despois, o que temos que facer é montar a estructura e, unha vez feita, empeza o traballo de decoración, que no noso caso foi feito con distintas flores elaboradas con papel ou cartulina. E unha cousa que queren salientar tanto Alberto coma Senén é que todos os materias empregados para a elaboración dos Maios son materiais que ían ser desbotados.
E ¿cómo se fixeron as flores de papel?
- Escolleron o debuxo de distintas flores e debuxaron os pétalos en cartulinas de cores
- Recortaron cunha tixoira cada un dos pétalos que forman a flor.
- Cun lápis ían enroscando cada un dos pétalos que pegaban con pegamento.
- Unha vez rematada a flor, cunha pistola de silicona pegábanse as distintas flores na árbore ou no hórreo ate cubrilos por completo.
- E xa teriamos listos os nosos Maios.
Pero coma unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos o proceso de elaboración (que durou un mes completo) en fotos:
Exposición dos Maios en Inditex
Para rematar esta festa dos Maios, puidemos expoñer as nosas creacións na sede central de Inditex. Ata alí foron Alberto e Senén, non só para amosar o resultado do seu traballo e o do resto dos compañeiros do centro, senón tamén para explicar a todos os presentes cómo o fixeron.
Tamén puideron coñecer como fixeron as outras entidades presentes os seus Maios, foron protagonistas dunha sesión de fotos e puideron compartir comida e comedor cos traballadores de Inditex.
O que máis salientan desta visita é o ben que foron tratados polo personal de Inditex e que a comida estaba moi boa ;).
E así remata a nosa celebración dos Maios deste ano. E vos,¿celebrades esta festa?
No Comments