VALORES

  • Compromiso coas persoas en situación de dependencia: A súa condición de persoas supón que son suxeitos dos dereitos que lle corresponden como tales. Son persoas adultas en evolución permanente con necesidades e cun papel social que desenvolver.

 

  • Orientación ao cliente: Todos os esforzos da Fundación ADCOR teñen que dirixirse á procura da calidade de vida das persoas en situación de dependencia e as súas familias. Calquera actividade ou recurso que non se dedique a ese fin é considerado malgasto.

 

  • Solidariedade: Todas as persoas implicadas no traballo da Fundación ADCOR han de actuar en común para achegar solucións ao colectivo das persoas en situación de dependencia, obxecto fundacional desta entidade

 

  • Calidade e Mellora Continua: O noso traballo ten como obxectivo satisfacer as necesidades e demandas dos nosos clientes, buscando permanentemente o seu maior nivel de satisfacción e adaptarnos ás demandas cambiantes e solucións máis actualizadas.
  • Transparencia: É contemplar na noso xeito de actuar: apertura, rendición de contas, servizo e interese xeral. O éxito de lograr a misión da Fundación baséase nun contrato entre a entidade e a sociedade en xeral, polo cal gozamos de certas vantaxes especiais das que carecen outras organizacións privadas, non debemos esquecer que somos unha entidade ao servizo do público.

 

  • Atención ás persoas: As persoas son o centro da nosa actividade e a súa atención debe ser o obxectivo do noso traballo. O traballo en equipo, a cohesión e o bo clima nas relacións son instrumentos esenciais.

 

  • Eficiencia: Eficaz nos seus labores e socialmente útil, austera nos medios e ambiciosa nos seus fins. Traballamos con recursos limitados e a nosa obriga é aproveitalos ao máximo.

 

  • Innovación e creatividade: Para asumir os cambios e promovelos, estimular novos comportamentos sociais, atendendo ás novas necesidades xeradas e ofertando solucións de futuro posibles e sustentables

Volver á páxina principal